Co doble obxectivo de manter viva a memoria de Oroza e de promover a escrita de poesía, tanto en galego como en castelán, ofrecendo ás escritoras e escritores un espazo de creatividade e promoción, a Asociación Évame-Oroza convoca o Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza.
O premio conta con dúas categorías, unha para aqueles orixinais presentados en lingua galega e outra para os presentados en lingua castelá. En cada unha das categorías haberá un único premio consistente en 6.000 euros por categoría, así como a publicación individual dos poemarios que resulten gañadores.
Poderán concorrer a estes premios as as persoas residentes en calquera país que presenten traballos escritos nunha das dúas linguas sempre que respecten as basesdos mesmos, que se darán a coñecer 21 de marzo de 2023 nun acto público que terá lugar na cidade de Vigo.
O Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza convocarase con periodicidade bienal -cada dous anos-e, pola súa contía e difusión, quere chegar a ser unha referencia dentro dos certames cos que comparten espazo.
Co dobre obxectivo de manter viva a memoria de Oroza e de promover a escrita de poesía, tanto en galego como en castelán, a Asociación Évame Oroza convoca o Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza, que terá un carácter bienal. O premio conta con dúas categorías, unha para aqueles orixinais presentados en lingua galega e outra para os presentados en lingua castelá. A modalidade do certame en LINGUA GALEGA rexerase polas seguintes BASES:
Ao presentarse a este certame, a autora ou autor responde sobre a orixinalidade da obra. A organización non se fará responsable das posibles denuncias por plaxio ou eventualidade similar que poidan xurdir, recaendo na persoa participante as accións legais que procedan e asumindo, se é o caso, as indemnizacións que puidesen corresponder polos prexuízos ocasionados a particulares ou á organización.
As obras poderán concorrer a outros certames ao mesmo tempo. Neste caso, as persoas participantes teñen a obriga de informar a Asociación Évame Oroza da concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, que será inmediatamente excluída do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza.
Non pode concorrer a este certame ningunha persoa que forme parte da directiva da Asociación Évame Oroza.
A autora ou autor manterá os dereitos para a posible edición da obra en calquera outra lingua distinta á galega. Esta edición non poderá ser realizada, en ningún caso, con anterioridade á edición en galego.
O outro arquivo será a PLICA, que se identificará coa palabra PLICA seguida do título da obra e o pseudónimo (Plica-título da obra-pseudónimo.pdf). No documento da plica debe figurar: o título da obra, o pseudónimo, o nome e apelidos da autora ou autor, unha copia do DNI ou documento acreditativo de identidade, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto.
Todas as autoras ou autores recibirán a notificación da recepción da obra polo mesmo medio que foi enviada, sen que se manteña máis contacto co autor ou autora ata a finalización do certame, salvo que esta resulte gañadora.
Corresponderalle ao xurado a interpretación destas bases.
A resolución do xurado será inapelable e darase a coñecer ao longo do mes de novembro de 2023.
De conformidade co Regulamento xeral de protección de datos 2016/679 do Parlamento Europeo, do 27 de abril de 2016, e da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmase de que os datos persoais obtidos serán incorporados a un ficheiro responsabilidade da Asociación Évame Oroza cuxa finalidade é a xestión do presente concurso.
A participación no certame implica a aceptación destas bases.
Web patrocinada pòr